Wednesday 01 de May de 2024

As voluntarias europeas de Lousame impartirán un taller de adornos de Nadal e unha segunda edición do programa de actividades de ocio en inglés


As inscricións gratuítas están abertas en www.bandoticket.com

O Concello de Lousame, a través do seu programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps, organiza dúas actividades de Nadal gratuítas para os nenos e nenas do municipio: un obradoiro de adornos navideños e unha nova edición do programa de actividades de ocio en inglés. Dúas actividades que serán impartidas polas voluntarias turcas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas e para as que xa está aberta a inscrición a través de www.bandoticket.com.

O obradoiro de adornos nadiveños terá lugar este venres 16 de decembro, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Dirixido a nenos e nenas maiores de 6 anos, cos que Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas compartirán a elaboración da decoración típica do Nadal na nosa terra e tamén na súa Turquía natal.

O programa Leisure Activities in English terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10:30 a 13:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Dirixido a nenos e nenas maiores de 5 anos, inclúe actividades de pintura, karaoke, música, xogos, cinema, teatro, creatividade, conversas… todo en inglés. Trátase da segunda edición deste programa, despois do éxito acadado polas propias Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas durante este verán, nas que participaron medio cento de rapazas e rapaces de Lousame.